A primeira banda de gaitas galegas en américa.
Banda de Gaitas Cidade de Bos Aires.

Foi feito realidade logo de varios intentos a Banda de Gaitas Ciudad de Buenos Aires - Banda de Gaitas Cidade de Bos Aires - Buenos Aires City Pipe Band (Argentina). O creador, noso colaborador Manuel Castro, conta-nos sua historia. Texto también en español

Da nosa redacción

 

Ista banda de gaiteiros galegas é a única qu´, existe tanto n' Arxentina como no resto do continente american, sendo ademais, a primeira en ter participazón nos carnpionatos da especialidade en Europa (Galiza).

A súa fundazón fui feita no mes de novembro do ano 1998. O nome de "banda", cando é referente dun colectivo de gaiteiros, desina a toda aquela agrupazón que ten como integrantes dende o bastonário ou tambor maior, pasando pol-os gaiteiros até rematar cô derradeiro percusionista, mantendo organizazón e disciprina en todas a súas presentazóns.

A istos compoñentes básicos se lles pode engadir porta-bandeiras.

 

 


Miembros da Banda de Gaitas de Bos Aires.

As bandas galegas poden levar gaitas comúns, dende un até tres roncóns, con percusón tradizonal ou pol-a outra banda gaitas marciais con percusón profesional. A segunda opzón semella ser a mellor xa qui é a que mais chama a atenzón dun auditorio ainda que ista non lle quita valimento á primeira; pro, de todos xeitos cumpre sinalar que xuntar gaiteiros e tamborileiros non imprica necesariamente que se teña unha banda, senón un colectivo enxebre mais grande. A xuntanza enxebre é unha conceizón desemellante do qui é unha banda.

No mes de Nadal do ano 1998 tivo a súa primeira actuazón na Primeira Fase do Nono Campionato de Bandas de Gaitas en Leiro (Galiza) competindo cara 38 bandas na cuarta categoría. Alí conqueríu-se o terceiro posto (a so un ponto do segundo) e a denominazón de Mellor Banda do Exterior. Todo un logro si se ten en conta que a agrupazón formóuse en menos dun mes pro tamén ten que recoñecerse que a calidade dos gaiteiros e percusonistas arxentinos é moi boa.

 

 

A Banda en formación...

A banda tivo tamén a posibilidade de facer a súa primeira gravazón na Galiza, nos Estudos da Radio Galega, qui é o mesmo logar onde o fai a Real Banda e cô mesmo inxeñeiro de son; outro feito histórico. N' actualidade emprégan-se gaitas de formato común de dous e tres roncóns afinados en "do". Mais adiante serán trocadas por Gaitas Marciais Galegas. Pra ser membro da Banda de Gaitas Cidade de Bos Aires non é preciso ser de orixe galega.

A Banda de Gaitas Ciudad de Buenos Aires ou Banda de Gaitas Cidade de Bos Aires ou Buenos Aires City Pipe Band (Argentina) é a banda oficial do Terzo de Galegos da Escola Nazonal de Nautica (Tercio de Gallegos, Escuela Nacional de Náutica). Realiza os seus ensaios no Centro Rivadumia onde se estabeleceu unha Escola pra a ensinanza de gaiteiros e percusionistas. Compre lembrar que ista agrupazón depende directamente da Escola de Gaitas da Deputazón de Ourense.

A Banda de Gaitas Cidade de Bos Aires ten embrema e bandeira. O escudo da banda é un porco bravo ou xabarín (é ademais unha das poucas qui emprega elementos zoomorfos como distintivo, collidos da tradizón céltiga) levando unha gaita galega marcial.

O xabarin é un dos animáis embremáticos dos antigos celtas, un ser soidoso identificado cô guía, a coraxe, a atitude egrexia e a prosperidade.

Real Audio
Real Audio: 1200 Kb

 

 

Bandeira da Banda de Gaitas de Bos Aires.
 

Nembargantes o seu ataque é terribel e pal-as súas características sempre fui unha peza de caza moi percurada. Pra os nosos devanceiros celtas fui un animal totémico e os seus osos foron atopados en campas da época pertencente á cultura Hallstatt. A grande forza na embestida o convertíu no embrema dos guerreiros en cuxos escudos a súa imaxe se pintaba e ainda máis, fui o símbolo dos cregos druidas.

A criazón dista banda fui un vello soño que data do 4 de xaneiro de 1986, cando a Real Asociazón Céltiga de Gaiteiros Galaicos fui fundada e que xuntóu a xóvens celtistas arxentinos. Antre os seus obxetivos musicais istaban a criazón dunha banda de gaiteiros (dahí o seu nome) e a dun grupo de música celta. Dos dous sô quedou o grupo de música celta que se chamóu Poitín (o primeiro da sua cras n' Arxentina; seu nome en gaélico é o dunha bebida ilegal); iste conxunto tivo unha vida discontínua, ainda que moi interesante até a súa definitiva disoluzón en 1998. Sentóu as bases ideolóxicas pra os outros que chegarían despois.

No que respeita á banda, tivo que ser deixada de lado porque sô se tiñan dúas gaitas marciais (de tres e dous roncóns dispostos no xeito de abanador, reformada uns anos antes por Manuel Castro e costruídas pal-o gaiteiro e artesán Avelino Rodríguez Arteaga. A isa gaita marcial deseñada n' Arxentina se a chamóu Gran Gaita Marcial Galega. A ideia fundamental non era xustamente tocar con gaitas comúns galegas. A  percusón istaba compreta, até o bordón de órdens.

O destino sinalaba que cumpría agardar. Anos despois, en 1997, fúndase a Asociazón de Gaiteiros Galegos Arxentinos (AGGA) unha moi boa ideia que se fixo realidade pro que lamentabelmente deixóu de existir a un ano da súa xuntanza.

A formazón da banda de gaiteiros e percusonistas argentinos que participóu na Primeira Fase do Nono Campionato de Bandas de Gaitas en Leiro, Galiza, fui a seguinte:

Manuel Castro (bastonário), Carina Fragoso (gaita), Sergio Fragoso (Tambor), Marcela Paradiso Casal (pandeireta), Maria Eugenia Paradiso Casal (Tambor), Juan Martín Pociello (gaita), Alberto López (gaita), Juan Martín Rodríguez (gaita), Arauco Yepes (bombo), Marcelo Riveira (gaita) y Ramiro Especht (gaita).

Segredario: Juan Carlos Especht.
Director de Banda: Manuel Castro.

 

 

Repercusión da actuación da Banda nos xornales de Galiza...

 

Apellido y Nombre

Correo electrónico

Su opinión

 


En este espacio,
estimado lector,
vuelque sus
comentarios e
inquietudes.

Muchas gracias.